¿Que adolescente sabe hoxe o que son as “Páginas Amarillas? ¿Que peso ten a publicidade tradicional -en prensa, radio ou televisión- con respecto ao que era hai uns anos? Todo cambiou moi rápido en poucos anos, e segue a cambiar. As empresas teñen que adaptar a súa comunicación aos novos medios e ás novas realidades, se o que queren e darse a coñecer.

Hoxe en día, cando alguén busca unha solución para unha necesidade propia, vai a Google.

Segue funcionando tamén o “boca a boca”, as referencias de amigos ou coñecidos, pero tamén esto vai a menos: Igual que cando imos no coche, antes baixábase a ventanilla para preguntar o camiño. Hoxe poñemos Google Maps. E as opinións, as valoracións con estrelas, van sustituíndo ao contacto interpersonal real. Preocupante, pero é o que hai.

Son os tempos que nos toca vivir. Probablemente nos atopemos chegando ao extremo no percorrido do péndulo: Espero que voltemos a querer falar coas persoas, a descubrilas… Pero este xeito de buscar vai quedar, porque amigos ou coñecidos non nos van dar respostas moitas veces. En temas técnicos, en necesidades precisas, buscar en internet é algo que chegou para quedar.

E sabemos que o que vale é aparecer nos primeiros postos dos resultados da búsqueda. O que está despois, a segunda páxina, xa non vale.

Consideracións sobre o funcionamento dos buscadores

Fálase do SEO (Optimización para Motores de Busca). É unha nova profesión. Trátase de optimizar as páxinas web para que os robots dos buscadores, que andan para arriba e para abaixo por toda internet, as teñan moi en conta e as consideren de moita importancia. Para conseguilo hai que definir unhas palabras clave, as palabras polas que queremos que se nos atope en internet, e insertalas nas páxinas que queremos destacar… Ten a súa ciencia.

Pero hai que preguntarse polo que interesa a un buscador: Detrás de Google, por exemplo, sabemos que hai unha gran empresa con moitos informáticos e enxeñeiros, traballando para que o que eles fan funcione moi ben, cada vez mellor. No seu número de usuarios reside o valor da empresa (o que venden son os datos dos usuarios… etc).

O que quere Google -e calquera buscador- é ofrecernos uns resultados moi axeitados ao que buscamos. É o seu traballo. Viven da pertinencia dos resultados que ofrecen para as nosas búsquedas. Traballan todos os días en mellorar eses algoritmos que están detrás do funcionamento do buscador. Introducen búsquedas semánticas, búsquedas por voz, etc.

O que queren é ofrecer contidos relevantes.

¿Que é o que temos que facer entón?

Crear contidos relevantes, básicamente.

Enuméranse certos factores que inciden no posicionamento que nos da Google:

  • Número de visitas que recibimos
  • Optimización SEO (Configurar a nosa páxina atendendo a parámetros que sabemos que os buscadores valoran)
  • Clicks que recibimos nos resultados de búsquedas
  • Comportamento do usuario, tempo que pasa na nosa páxina…
  • Enlaces internos, referencias a outros sitios desde a nosa web.
  • Enlaces externos, que apuntan á nosa páxina.
  • Velocidade da páxina.
  • Etc

A ponderación de cada un destes factores -e de algún máis- parece ser que vai cambiando.

Como interesados, sen ter que meternos a estudiar os pormenores das técnicas de SEO, debemos valorar sempre que o que interesa a un buscador e servir contidos relevantes para a búsqueda que calquera usuario pide. Para facelo ben, eles xa valoran como ponderar variables como as que enumerábamos.

Pero o que está na nosa man, sempre, é a posibilidade de publicar contidos de interese, con mimo, contidos coidados para que calquera visitante se sinta satisfeito polo tempo invertido en visitarnos. Que activamente se nos recomende xa é outro capítulo.

Mimar os contidos que publicamos. É o camiño.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies