É interminable a lista de erros que se poden observar ao estudar as accións de comunicación on-line de todo tipo de empresas e proxectos. Unha enumeración exhaustiva é inabarcable, porque a casuística faise eterna cando descendemos aos detalles, e tamén porque constantemente están a aparecer novas canles e novas características nas canles xa existentes.

Por todo isto, probablemente este sexa un deses artigos que se verán revisados e actualizados en numerosas ocasións ( …volve dentro dun tempo e volverás sacar algunha idea útil ).

Ao gran!! Tres formas de meter a pata (a última é a máis interesante):

1.- Non estar.

Hai que repetilo mil veces… pero non me vou a cansar de repetilo: Xa non hai páxinas amarelas!! Agora búscase en Google. Se non estás, non existes.

Hai outras formas de chegar ao público: publicidade convencional, boca a boca, etc. E hai que defendalas!! Non só existe internet. Existen outras vías igual de efectivas para chegar coa nosa mensaxe a quen queremos chegar.

Pero hoxe vivimos conectados a internet e conectados a un móbil. Estar “on-line” é a forma máis efectiva de chegar ás persoas ás que se necesita chegar para asegurar a viabilidade do noso proxecto.

2.- Estar con máis do que se pode asumir.

Un erro común consiste en meterse a máis do que despois se pode atender. Aquí podemos encadrar tres casos comúns:

a.- Os blogues abandonados: É habitual o caso dos blogues coas últimas entradas de hai un par de anos. O colmo do despropósito vén cando os blogues non se configuraron para ocultar as datas de publicación… un sinxelo detalle que pode axudar bastante. Se temos un blog debería ser para usalo. Algo falla se non é así.

b.- As tendas on- line abandonadas: O boom das tendas on- line dos últimos anos vaise freando. Os pequenos empresarios, autónomos, pequenos proxectos, etc… fómonos dando conta de que xestionar unha tenda on- line require bastante tempo,  algo que non sempre temos, e máis cando a tenda on- line é un complemento dunha tenda física. Foron miles e miles de tendas on- line nas que se investiron miles de euros. No camiño fóronse quedando.

c.- As redes sociais abandonadas: O aconsellable é seleccionar. Debemos optar por redes sociais das que coñezamos o seu funcionamento e as súas particularidades. As redes sociais son para interaccionar con persoas próximas ao noso proxecto. Requiren tempo.

3.- Estar on- line, pero estar mal

Este terceiro apartado é inabarcable. A lista de erros, as formas de estar mal, é case infinita.

Trataremos de sintetizar. Imos ao choio!!:

Un erro común consiste en meterse a máis do que despois se pode atender. Aquí podemos encadrar tres casos comúns:

a.- Os blogues abandonados: É habitual o caso dos blogues coas últimas entradas de hai un par de anos. O colmo do despropósito vén cando os blogues non se configuraron para ocultar as datas de publicación… un sinxelo detalle que pode axudar bastante. Se temos un blog debería ser para usalo. Algo falla se non é así.

b.- As tendas on- line abandonadas: O boom das tendas on- line dos últimos anos vaise freando. Os pequenos empresarios, autónomos, pequenos proxectos, etc… fómonos dando conta de que xestionar unha tenda on- line require bastante tempo,  algo que non sempre temos, e máis cando a tenda on- line é un complemento dunha tenda física. Foron miles e miles de tendas on- line nas que se investiron miles de euros. No camiño fóronse quedando.

c.- As redes sociais abandonadas: O aconsellable é seleccionar. Debemos optar por redes sociais das que coñezamos o seu funcionamento e as súas particularidades. As redes sociais son para interaccionar con persoas próximas ao noso proxecto. Requiren tempo.

– Erros de concepto

Querer estar on- line, pero sen páxina web propia. É un erro moi habitual que a “ pagina” dunha empresa ou proxecto sexa unha páxina de Facebook. Deste xeito non controlamos a nosa comunicación, porque estamos suxeitos a unhas regras estableciadas por Facebook (poderíanos mesmo facer desaparecer, dunha plumada, moitas horas de tabajo…). Tampouco podemos transmitir correctamente o que ofrecemos (o formato Facebook non é o apropiado para isto), etc, etc

– Mal-uso das ferramentas de comunicación dispoñibles. (O anterior podería incluírse tamén aquí, pero pola súa importancia merece un apartado propio). O contrario do anterior, de “non ter unha páxina propia“, tamén é un erro: ter só unha páxina web, e nada máis!! Debemos coñecer as posibilidades que nos ofrecen as distintas ferramentas de comunicación existentes, como poden ser as distintas redes sociais, mail, diversos sisitemas de mensaxería e interacción persoal, etc. O ecosistema é cambiante. Cada proxecto merece unha estratexia concreta, establecida a partir dun estudo das necesidades e capacidades coas que contamos no noso caso particular. Non hai unha norma para seguir porque cada caso é distinto e, precisamente por isto, é habitual equivocarse.

Unha fórmula para evitar este tipo de erros -de concepto- é partir do principio de que a páxina web debe ser o centro da nosa estratexia de comunicación. A nosa web -a nosa comunicación- debe cumprir con varias funcións (falabamos máis detidamente destas funcións noutro artigo):  a.- Presentación da empresa;  b.-Posicionamento;  c.- Difusión.

– Erros de contido

– Páxinas que non transmiten o que facemos. Adoita pasar cando pasa o tempo, cando a nosa actividade cambia porque se vai adaptando a uns tempos que tamén cambian… máis rápido que a nosa páxina web!!

– Mal-uso dun blogue. E existen tamén moitas formas de usalo mal. O blogue debe servir para transmitir o que sabemos, para demostrar que somos expertos no que ofrecemos. Neste sentido trátase dunha ferramenta que pode construír unha confianza, ademais dalgúns outros beneficios que un blogue na nosa páxina tamén nos pode traer. Pero ollo!!, porque se o facemos mal é moi moi contraproducente. Un blogue pode ser aconsellable, pero temos que considerar algúns factores no que se refire á nosa estrutura e actividade.

– Erros técnicos

Neste apartado é moi fácil atopar listas de erros comúns por internet. Sen ánimo de entrar en detalles, imos só a citar algúns:

– Uso de tecnoloxías ou formatos antigos: flash, non- responsive, etc.

– Non atender ao SÉ, ao posicionamento en buscadores.

– Problemas de optimización: servidores, imaxes, etc.

– Estruturas de navegación complicadas ou erróneas.

– Protocolos de cifrado ( https).

– Elección dunha mala base I: creacción con ferramentas cómodas pero mal optimizadas, como wix, por exemplo.

– Elección dunha mala base II: servidores que non responden (o barato aquí sae caro).

– Etc, etc.

Se chegaches ata aquí, os parabéns!! A lista é longa e, como dicía ao principio, non está acabada, non é exhaustiva… Sempre irán aparecendo tecnoloxías, trucos, melloras, novas redes, etc, etc. É algo que nos obriga, aos que nos dedicamos a isto profesionalmente, a adicarlle todos os días un tempo para nutrirnos de novidades, constantemente.

Destacar que, se alguén quere acometer a tarefa de darlle forma á comunicación do seu proxecto, a establecer unha estratexia para determinar os medios, contidos, etc, etc… que valore o seu tempo!!!  Recomendaríalle que polo menos consulte a un profesional, aínda que só sexa para coñecer un orzamento. Seguro que só por consultar xa pode obter algunha información valiosa.

Márketing e Comunicación Local.

Xan Martínez

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas.

Especializado en comunicación para PYMES e proxectos locaisAmpla experiencia en medios tradicionais e medios on-line. Máis información.

Tel. 675 89 01 63.  info@tecdicom.com

 

Areas de traballo habituais:
A Coruña, Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes, Muras, Xermade, Vilalba, Lugo, A Capela, Cabanas, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño, Vilarmaior, Paderne, Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Ordes, Santiago de Compostela...
Outras áreas, consultar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies