Son moi poucos os proxectos locais, pequenos, que realizan un Plan de Márketing antes de iniciar a súa actividade. A maior parte dos fracasos débense a esta carencia: En Ferrol, Narón e concellos da zona, coñezo moitos casos de proxectos que se poñen en marcha de forma intuitiva, porque o/a promotor/a cre que vai funcionar… Ás veces sucede o milagre (só ás veces). É máis habitual que se requira un plan de márketing despois de anos de actividade, cando xa se conta cunha experiencia e cando os promotores dun proxecto danse conta de que non están onde esperaban ou desexarían.

Antes de nada, o conceito

Existen varias definicións de “Márketing” ou mercadotecnia, que foron evolucionando ao longo das últimas décadas.

O márketing estuda os procesos que relacionan ás persoas e a satisfación das súas necesidades nunha contorna ou contexto ao que chamamos mercado. Esta é unha síntese miña, porque podemos atopar centos de definicións do que é o márketing. Deixo unha ligazón interesante para quen queira saber máis.

Tradicionalmente, o márketing sistematiza o estudo destes procesos a través das catro Ps do Márketing Mix: Produto – Prezo – Distribución – Promoción ( Product – Price – PlacePromotion), máis outras catro Ps que se incorporaron nos últimos anos, que serían as Persoas, os Procesos, a Contorna Física ( Physical Environment) e o Envase ( Packaging).

Dito doutro xeito, ao establecer un Plan de Márketing, como mínimo vanse a definir e a analizar todas estas variables, con respecto ao noso proxecto e con respecto á nosa contorna:

O Produto: O deseño do produto ou servizo co que queremos satisfacer unha necesidade na sociedade.

O Prezo: A análise de conceptos como o valor, utilidade, expectativas. Tamén custos e marxes con respecto á contorna.

A Distribución: Análise das canles a través dos que o produto/servizo vai chegar ao consumidor final.

A Promoción: As accións que imos levar a cabo para dar a coñecer o noso produto ou servizo. Contamos aquí con distintas opcións, entre as que a “publicidade” é só unha máis.

Existe unha sistemática -hai varias, en función do tipo de proxecto que se quere analizar- que establece a forma de abordar este traballo de análise, para chegar a acadar unha comprensión óptima do noso proxecto e da nosa contorna. Pero tamén, o máis importante, son sistemáticas -a forma de elaborar o noso plan de márketing- que nos permiten establecer uns obxectivos e as accións necesarias para alcanzalos.

As partes do Plan de Márketing

Non se trata aquí de definir como se fai un plan de márketing. Existen moi distintos modelos para a súa aplicación sobre distintos tipos de actividades, de produto ou de servizos, e tamén para distintos tipos de proxectos en función de variables como o tamaño (non necesita o mesmo unha PEME que unha multinacional…).

Na internet existen tantas referencias que é doado trabucar a elección da metodoloxía. Recomendo asesorarse cun profesional laughing , pòrque non existe un proxecto igual a outro.

Nestas liñas trátase de esbozar un esquema básico, que sería:

– Análise interna, do noso proxecto.

– Análise externa, da contorna.

– Análise DAFO

– Análise do noso Público Obxectivo.

– Desenvolvemento da Estratexia.

– Desenvolvemento das Accións.

– Plan de monitoraxe.

Insisto en que cada proxecto necesita dun Plan de Márketing a medida. Como referencia deixo unha ligazón á páxina da Wikipedia que fala do que é un Plan de Márketing (en inglés, porque a páxina en español é bastante máis pobre). Nesta ligazón pódese ver un esquema do que sería un Plan de Márketing enfocado a Organizacións de tamaño medio/grande, bastante completo, para ter unha idea!! Enlace Plan de Márketing – Wikipedia ( Eng).

¿Qué aporta un Plan de Márketing?

Desde o meu punto de vista, o que achega depende do momento no que leve a cabo:

Plan de Márketing antes de empezar unha actividade: Fainos conscientes das peculiaridades do noso produto/servizo e das relacións que potencialmente podemos establecer coa nosa contorna. Permítenos empezar a andar na dirección correcta, cunha dirección firme.

Plan de Márketing despois de iniciar a actividade: Cando se realiza despois de adquirir certa experiencia é debido, normalmente, a que se fixo palpable a súa necesidade. As cousas non van como desexariamos, ou ben nos damos conta de que poderiamos ir mellor, pero non sabemos exactamente como logralo. O coñecemento do mercado e do sector no que nos movemos -a nosa experiencia, xa adquirida- achega un extra de calidade ao Plan de Márketing realizado neste momento.

________________________________________

Que un Plan de Márketing se faga poucas veces é debido, moi seguramente, ao descoñecemento da súa utilidade.

Serve para definir unha situación -a situación actual-, e establecer a continuación uns obxectivos e unha estratexia –ou plan de acción– para alcanzar eses obxectivos. Consiste en definir onde estamos, onde queremos chegar, e cal vai ser o camiño para logralo.

O plan de márketing achéganos un compás, cun mapa e cun roteiro trazado. E como o compás, require dunha atención constante: Non é para escribilo e apartalo, senón que ao revisalo e relelo cada certo tempo permítenos detectar desvíos ou cambios na nosa contorna.

Permite que adaptemos e axustemos sempre o noso produto/servizo á demanda da realidade na que vivimos. Evita que nos desviemos dun camiño trazado, e que se decidimos facelo fagámolo conscientemente, por uns motivos -cambios na contorna- que podemos identificar máis facilmente grazas a esta ferramenta.

Escribir un Plan de Márketing é un proceso que empeza sendo mecánico, porque consiste unicamente recoller información, pero acaba converténdose en algo profundamente creativo.

Escribir sobre o noso proxecto é un exercicio asombroso: O proceso de ter que pararse a pensar como expresar, elaborar frases que moitas veces corriximos, ordenamos,… mergúllanos nun proceso mental do que van saíndo, nacendo e tomando forma, novos conceptos e asociacións de ideas que non definiramos antes. Condúcenos ao descubrimento de novos camiños.

Márketing e Comunicación Local.

Xan Martínez

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas.

Especializado en comunicación para PYMES e proxectos locaisAmpla experiencia en medios tradicionais e medios on-line. Máis información.

Tel. 675 89 01 63.  info@tecdicom.com

 

Areas de traballo habituais:
A Coruña, Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes, Muras, Xermade, Vilalba, Lugo, A Capela, Cabanas, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño, Vilarmaior, Paderne, Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Ordes, Santiago de Compostela...
Outras áreas, consultar.

Máis información?

Cóntanos o teu caso -as túas necesidades- e o falamos. Preguntar non custa nada. smile

Podes cumplimentar este formulario. Contestaremos o antes posible.

Tamén podes solicitar un presuposto.

Te chamamos para pedir máis información. Obterás unha pequena auditoría, sen compromiso.

Política de Privacidade

8 + 12 =

Tel. 675 89 01 63

Mail: info@tecdicom.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies