Hoxe en día, crear contidos é máis doado que nunca.
Pódese ver neste impresionante video…

Levo xa uns anos traballando con Elegant Themes, especialmente co seu mellor persoal, DIVI. Veñen de presentar unha gran actualización ? DIVI 3.0- que mellora espectacularmente algo que xa era moi bo.
A xente de Elegant Themes -os que desenvolven isto publicárono no seu blog, (http://www.elegantthemes.com/blog/divi-resources/divi-3-0-sneak-peek-video-2-the-invisible-customizable-user-interfaz) e chamoume a atención os comentarios que provocaron: Por unha banda, diseñadores web preocupados porque con Divi 3.0 parece que se lles acaba o chollo, ¡¡¡que isto agora o fai calquera!!!. E doutra banda, os diseñadores web brillantes tratando de “consolar” aos anteriores.
Personalmente creo que hai que adaptarse constantemente ao mercado, ser flexible, e -como bo profesional- tratar sempre de dar ao cliente o mellor dun mesmo.
Esta solución de creación-modificación de contidos que presenta o equipo de Elegant Themes é o mellor que existe agora mesmo no mercado. Facilita enormente as cousas aos nosos clientes, pero facilítanos tamén enormemente as cousas aos profesionais, porque axiliza certos aspectos da creación de páxinas web.
Estamos nun momento no que é doado facer unha web, máis doado que nunca. Pero tamén é moi doado, para calquera pequeno empresario, caer no erro de querer facelo todo un mesmo.
Querer facelo todo un mesmo, no caso da creación de páxinas web para unha empresa ou negocio, implica dous problemas principais:

  1. Perda de tempo: Debido á falta de experiencia, é inevitable que nos ocupe máis tempo que a un profesional. E o tempo é diñeiro. A creación dunha web propia pode converterse nunha forma de procrastinación, que nos ocupe en asuntos secundarios, que nos distraia das verdadeiras ocupacións que desrrollamos como profesionais, e que son as que fan funcionar o propio negocio.
  2. Risco de obter un mal resultado. Que a web dun negocio non estea a un nivel aceptable dá moi mala imaxe. É fácil, sen ser profesionais, non caer en certos aspectos que son necesarios para que unha web sexa mínimamente correcta: Optimizaciones SEO, imaxes, link-building e estruturas, servidores,… Existen múltiples factores -non obvios- que só saltan á vista dos que temos unha experiencia, pero que determinan a calidade da experiencia dun usuario cando visita e usa a páxina.

Tamén é verdade que, ata agora, estamos afeitos a que nos cobren un dineral por facer páxinas sinxelas. A contemplación dalgúns orzamentos cos que me atopo son ata indignantes, cando actualmente contamos con ferramentas que axilizan enormemente os procesos de creación e publicación de páxinas web, e isto é algo que -entendo- debería repercutir no custe final destes servizos. A tendencia é á baixa, lóxicamente.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies