A transmisión de confianza é fundamental en certos sectores.
Destaco:

  • Actividades relacionadas coa xestión do noso patrimonio: Asesorías, gestorías, avogados,…
  • Actividades relacionadas con nosa saúde: Médicos, odontólogos, fisioterapeutas, etc. Tamén, por saúde, o sector alimentario entraría aquí.
  • Actividades relacionadas coa educación: Academias e todo tipo de centro de estudos non-públicos.

Neste artigo fago tres consideracións previas e unha proposta final.

Primeira consideración:
Do persoal á empresa

A nivel persoal, a confianza fundaméntase na coherencia entre catro factores:
– O que facemos.
– O que dicimos.
– Como o facemos e como o dicimos.
– A nosa imaxe.

A confianza que xeramos depende da percepción dunha coherencia entre estes catro factores. Si non existe coherencia entre o que facemos, o que dicimos, como facemos e dicimos, e a imaxe que ofrecemos… será difícil que xeremos confianza.

Coa empresa sucede algo similar. Trátase de levar esta coherencia a toda a empresa, algo que non é tan fácil porque a empresa non é algo estable: Entran e saen persoas, e a casuística cotiá multiplícase.

Segunda consideración previa:
A Importancia da nosa Calidade

O intercambio de información acelerouse. Todos podemos acceder con facilidade a unha enorme cantidade de información: datos técnicos, textos legais, ou opinións…

Por este motivo a calidade do produto ou servizo que ofrecemos cobra maior importancia que nunca, porque non tarda en tansmitirse a opinión dos nosos usuarios ou clientes. Calidade é a satisfacción do cliente.

Un paso máis: “Unha visión actual do concepto de calidade indica que calidade é entregar ao cliente non o que quere, senón o que nunca se imaxinou que quería e que unha vez que o obteña, déase conta que era o que sempre quixera.” (Wikipedia: https://é.wikipedia.org/wiki/Calidade). Isto engloba aquilo da “calidade percibida“.

Hoxe en día máis que nunca, si podemos ofrecer calidade a nosa actividade será viable. Si non podemos ofrecer calidade a nosa actividade non será viable, porque non tardará en estenderse o coñecemento dese feito.

Terceira consideración previa:
A Importancia de Segmentar

Sempre habemos ter os medios de comunicación tradicionais -medios generalistas, medios globais- : prensa, radio e televisión, que seguen sendo medios válidos. cambiou o seu papel, pero non perderon a súa utilidade comunicativa.

A forma de comunicar o que facemos cambiou moito, e en moi pouco tempo. Agora as posibilidades ampliáronse enormemente. Cos novos medios (correo electrónico, sistemas de mensajerías móbiles, redes sociais, plataformas para publicación de videos e podcasts… ) as posibilidades de segmentar, de definir e alcanzar coa nosa mensaxe a un público moi definido, leváronse ata extremos inimaxinables fai moi pouco.

Actualmente, os medios digitales permiten un segmentación moito maior que os medios tradicionais. Podemos, a través de Google ou de Facebook por exemplo, publicar anuncios que chegarán só a persoas de ámbitos xeográficos concretos, franxas de idades concretas, xéneros concretos, e intereses e gustos concretos. É algo que resultaba impensable hai pouco, e que implica a posibilidade de reducir enormemente o costo de moitas campañas.

Por outra banda é necesario ter sempre presente que no 2016, afacemos recibir mensaxes moi personalizados.

Esquema: Comunicación para transmitir Confianza

A proposta: Unha Estratexia de Comunicación para xerar confianza

Existe unha forma clara de facerse confiable: Demostrar coñecementos.

¿E como o podemos facer?
A través dun blog… cun par de melloras.
Trátase de situarse como experto.
Para logralo, o blog -dentro da nosa páxina web- debe constituír o centro da nosa estratexia de márketing, a base sobre a que imos construíndo unha árbore con diversas ramas que se complementan.

Explico algo dos catro elementos que necesitamos:

Unha páxina web.
A páxina web é, hoxe en día, a evolución do folleto tradicional en papel. Na páxina web podemos describir o que facemos e o valor que aportamos.
A páxina web -correctamente configurada (SEO)- é fundamental para que se nos atope hoxe en día a través de buscadores como Google, Yahoo, Bing, etc. Son os sustitutos das “páxinas amarelas”. O posicionamiento da páxina web cada vez é máis importante, e máis cando falamos de empresas locais.

Un blog, dentro desta páxina web.
É a parte máis “viva” da nosa páxina web. Consiste en artigos ou entradas nas que escribimos sobre os temas que dominamos e sobre os asuntos que queremos dar a coñecer. Debemos escribir para os nosos lectores, pensando como os nosos lectores, e procurando chamar a atención con títulos descriptivos e de interese. Hai que pensar tamén en diversos factores: periodicidad, estilo dos contidos, etc.
Si realmente temos coñecementos, si somos bos profesionais, imos estar informados das novidades e dos temas de interese que van xurdindo no noso sector.

Redes sociais.
Nas redes sociais publicamos enláces aos aos artigos do noso blog. Facebook, twitter e linkedin son a priori as máis indicadas para difundir a actividade dunha asesoría, por exemplo. O importante é que nos limitemos ás redes que dominamos, coas que esteamos familiarizados, xa que cada rede social ten os seus propios códigos.

Newsletters.
Trátase de boletines que enviamos periódicamente por correo. Estes boletines inclúen as últimas entradas do noso blog. Son de fácil configuración e envío si contamos coas ferramentas apropiadas. Temos que ir tomando nota dos correos electrónicos dos nosos destinatarios, para o que existen diversos sistemas.

Consideracións finais

Pódese ir máis aló. Pero só con estes catro elementos, se os poñémos a traballar conxuntamente [Ver gráfico], xa podemos xerar un sistema que é moi rendible. Os contidos quedan e, a medida que os imos publicando, xeran co tempo unha pequena montaña de coñecementos que nos sitúan como expertos.

A estratexia que suxiro está na liña do que se chama “Inbound Marketing” ou “Márketing de Atracción” (https://es.wikipedia.org/wiki/Mercadotecnia_de_atracción). É de vital importancia que os contidos sexan de calidade. Hai que recordar sempre que se trata de crear marca, de xerar confianza. A finalidade non é xerar tráfico á nosa web, non é algo a curto prazo. Trátase de convertir a nosa web nunha mostra dos nosos coñecementos, que van ser a proba para calquera visitante/cliente potencial de que somos expertos, merecedores de confianza.

A guinda: Subliñar que unha campaña en medios tradicionais é o complemento perfecto destes catro elementos que enumero. Os novos clientes potenciais que visiten a nosa páxina atoparanse cun ecosistema xa creado, no que se demostra coñecemento e transmítese a necesaria confianza.

Márketing e Comunicación Local.

Xan Martínez

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas.

Especializado en comunicación para PYMES e proxectos locaisAmpla experiencia en medios tradicionais e medios on-line. Máis información.

Tel. 675 89 01 63.  info@tecdicom.com

 

Areas de traballo habituais:
A Coruña, Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes, Muras, Xermade, Vilalba, Lugo, A Capela, Cabanas, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño, Vilarmaior, Paderne, Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Ordes, Santiago de Compostela...
Outras áreas, consultar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies