O uso de WordPress ofrece vantaxes comúns a calquera sector de negocio, pero tamén unha serie de vantaxes específicas para o sector hostaleiro. Ademais ofrece tamén algunhas posibilidades de desenvolvemento que tratamos de enumerar a continuación… sendo conscientes da dificultade de ser exhaustivos.

Vantaxes xenéricas do uso de wordpress

WordPress é unha garantía. Trátase dun CMS (Sistema de Publicación de Contidos) que leva funcionando con éxito desde o ano 2005, e que actualmente conta coa máis ampla comunidade de desarrolladores a nivel global. WordPress é o CMS -Sistema de Publicación de Contidos- máis empregado no mundo.

Integración dun Blogue, con contidos dinámicos. Un blogue permite publicar contidos con facilidade, ao noso gusto e á medida do noso público, e compartilo todo a través de diversos medios.

Máis flexible que unha páxina normal: Trátase dun sistema pensado para facilitar a publicación de novos contidos e actualización constante dos existentes. Tanto os contidos como o aspecto dos mesmos son facilmente modificables.

Permite, facilmente, a integración con redes sociais. Facebook ou Instagram son complementos ideais para un blogue deste tipo.

Vantaxes específicas do uso de wordpress en hostalería

O SEO en WordPress é facilmente optimizable. Isto permite que melloremos a nosa posición en buscadores e que cando un cliente potencial realice unha procura en buscadores (Google, Yahoo…) podamos aparecer nos primeiros lugares.

Os buscadores priorizan ás empresas que contan con web propia e, entre outros factores, valoran a existencia de contidos dinámicos para establecer a orde de resultados nas procuras.

Para os negocios hostaleiros, nos que a localización xeográfica é unha condición inherente ao propio negocio, é de vital importancia a correcta optimización dunha web propia neste aspecto: Representa un éxito directo na captación de novos clientes.

Posibilidades que ofrece WordPress para o sector hostaleiro

O gran número de desarrolladores que traballan detrás de WordPress implica unha mellora constante, tanto en áreas de seguridade como na aparición de novas e mellores ferramentas, que sempre vanse adaptando ás necesidades da contorna actual.

Deste xeito, existen un bo número de plugins ou extensións de WordPress que incorporan funcionalidades específicas, de utilidade para o sector hostaleiro: sistemas de reservas, sistemas de envío de información a grupos de clientes, integración con distintas redes sociais, etc. Pódese dicir que o que se queira… xa existe.

Ao final, existe unha xungla de posibilidades na que é necesario algunha experiencia para tomar o camiño correcto na elección do conxunto de ferramentas que en cada caso concreto se precisan.

Para determinar estas ferramnetas é máis que conveniente unha análise de varios factores: Con respeito ao equipo humano ue integra unha empresa é necesario analizar principalmente as capacidades persoais e a disponibilidade de tempo. Con respeito á estructura da empresa hai que analizar os roles establecidos, determinar capacidades para a aportación comercial desde cada posto da empresa, e comprender os fluxos internos de información.

É unha labor que require coñecementos específicos sobre varias áreas transversais.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies