Atópome constantemente con esta confusión!!
Moitas veces escoito a frase: “o informático que fixo a web da empresa…”, e xa se que teño diante a un cliente.

Nestes caos, atópome moitas veces con solucións que non responden ao que se necesita.

As consecuencias son -nun 90% dos casos- webs chulísimas abandonadas, aínda que xa saibamos que poucas cousas dan peor imaxe que unha web ou unha rede social abandonada.

Non é porque un informático fixese mal o seu traballo… É porque alguén contratou a quen non se debía para unha necesidade que non se entendía.

Por isto paréceme importante definir que é o que sabe facer un Informático e que é o que sabe facer un Experto en Comunicación:

Que sabe facer un Informático?

Disto falarei pouco porque se menos. Eu non son informático.

Está claro que a de informático é unha profesión en alza, neste mundo no que todo se move vía informática: computadores, tablet ou móbiles,… redes sociais, apps específicas, etc. Cada vez necesítanse máis informáticos.

Os informáticos/ as saben de tripas de computadores, de códigos ASCII, de virus… Os informáticos poden dar algo de “ yuyu” porque poden ser hackers.

E aos informáticos temos que recorrer os comunicadores a miúdo, para que nos solucionen un problema con algo que non funciona como debería, ou para que desenvolvan unha solución a medida para dar solución a unha necesidade específica dun cliente.

Que sabe facer un Comunicador?

Disto podo falar máis 🙂
Competencias principais:

– Unha máis que conveniente formación humanística.
– Técnicas de redación xornalística e publicitaria.
– Análise de medios.
– Márketing (a saco)
– Creatividade publicitaria.

Un Experto en Comunicación -a nivel universitario- debe saber establecer un Plan de Márketing, que inclúe unha Estratexia ou un Plan de Comunicación.

Para que serve?

A Estratexia de Comunicación é unha ferramenta que permítenos chegar a bo porto: Se non conseguimos comunicar correctamente o que facemos ningún proxecto sostense.

A Estratexia de Comunicación permite trazar obxectivos alcanzables, que se poden determinar só a través dunha análise da estrutura da empresa, e grazas a esta análise podemos determinar as ferramentas que necesitamos para difundir correctamente a nosa actividade.

Só para dar unha idea, enumero algúns aspectos para analizar:

· Capacidades Persoais: Quen sabe escribir?, que tal andamos de Redes Sociais? Atopeime con que o xerente, con moitas ganas, non domina as redes sociais. E que despois non hai ninguén máis na empresa que poida xuntar o tempo e un coñecemento do produto como para defendelo nunha rede social. · A dispoñibilidade de tempo. Clave ser realista aquí. É aconsellable un período de implantación, no que vaiamos vendo a dispoñibilidade de tempo real unha vez superado o arreón-quecemento inicial. · Roles establecidos dentro da empresa, Capacidade de aportación comercial desde cada posto, estilos de dirección, compromiso de traballadores, clima laboral,… · Fluxos internos de información. É tamén delicado. Adoita pasar que en moitas empresas existen inercias creadas que veñen ás veces de moi atrás. En ocasións son esquemas de traballo que están moi arraigados, pero que veñen de cando non se contaba coas ferramentas actuais. Constitúen embudes, tapóns que retardan fluxos de traballo e empeoran a calidade final do que ofrecemos.

Paréceme importante destacar aquí que o plan de comunicación non debe limitarse só a medios dixitais. Coa explosión que vivimos hoxe en día tendemos a limitarnos a eles.

Cando contamos cunha análise previa que considera todos estes factores, podemos determinar as ferramentas axeitadas para levar a cabo unha estratexia de comunicación eficaz.

Existe unha xungla de posibilidades na que é necesaria algunha experiencia para tomar o camiño correcto en cada caso concreto, e é esencial a formación continua de todas as persoas involucradas na estratexia de comunicación.

Existen automatismos, miles de trucos, asociacións de ferramentas… En Comunicación sempre é posible realizar tarefas de forma máis eficaz. A mellora é constante e vertixinosa.

É o mundo dos que nos adicamos a isto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies