Este artigo vai dirixido a empresas ou autónomos que necesitan posicionarse como expertos no seu sector.

A utilidade do que aquí se propón é a de poder dirixirse correctamente a clientes potenciais, principalmente, para poder presentar os nosos produtos/servizos de forma atractiva.

Para este tipo de actividades, a web propia é hoxe en día a ferramenta fundamental, e ten que cumplir tres funcións imprescindibles:

1ª Función: Presentación e Accesibilidade

A.- Presentación:

Temos que contarlle ao mundo o que facemos.

Os potenciais clientes buscan solucións para problemas. É o que temos que contestar coa nosa presentación… ¿Que é o que nós podemos resolver?

Neste aspecto, a web propia sustitúe ao tradicional folleto impreso. Pero é interesante pararse nas diferencias:

– Sáenos máis barato porque non temos que andar imprimindo papel.

Obriga a unha actualización periódica constante, porque non hai nada que resulte menos atractivo que unha web desfasada (se non temos medios para algo tan básico como presentar o que facemos debe de ser porque non nos vai moi ben… non debemos ser bos profesionais).

É importante contar cunha web propia que sexa editable fácilmente por un responsable da empresa, unha persoa ou un grupo de persoas que poidan transmitir os valores e as ideas de forma correcta e directa.

B.- Accesibilidade:

Datos de contacto. Normalmente consiste en teléfono, mail, dirección física, etc.

Para determinadas actividades están xurdindo interesantes propostas baseadas en xeolocalización de clientes ou clientes potenciais, pero non é de interese na meirande parte das actividades consisitentes na oferta de servizos. Para a oferta de produtos si pode ser algo a considerar.

 

2ª Función: Posicionamiento .

É vital que a web propia transmita profesionalidade e experiencia, que é o mesmo que decir que necesitamos que transmita confianza.

Para esto servímonos de dúas vías principalmente:

A.- Traballos realizados.

É interesante dar a coñecer o que levamos feito, os clientes cos que levamos traballado. Serve a un cliente potencial para poder facerse unha idea das características do que facemos, e que poida establecer unha valoración calidade-prezo que comparará con outras alternativas.

B.- Autoridade

Trátase de autoridade competencial, que podemos demostrar a través dunha ferramenta que popularizouse nos últimos anos: o noso blog.

Transmitimos autoridade competencial a través de distintas variables: o número de entradas, a calidade do que escribimos, a repercusión en redes sociais, etc.

3ª Función: Difusión.

A difusión da web propia pódese realizar de diversos modos. Suliñamos algúns importantes:

A.- SEO.

É a optimización sobre unha web para que esta apareza nas primeiras posicións en motores de búsqueda como o de Google, Bing, etc (SEO = search engine optimizers).

Esta optimización faise por medio de diversas técnicas. É un tema amplo sobre a que non podemos extendernos aquí, pero é doado atopar información (Ver Wikipedia, por exemplo).

Para sintetizar, diremos que a tendencia vai cara a simplificación, lóxicamente. O que queren os buscadores é facilitar a información axeitada, o que o usuario do buscador quere precisamente atopar. Para acadar isto, valoran cada vez máis os indicadores que apuntan a que os contidos son relevantes e de calidade… valoran moito os enlaces que apuntan cara aos contidos ou a relevancia que os contidos xeneran en redes sociais, por exemplo. Cada vez máis cúmplese a máxima de que “o contido é o rei”.

A mellora do posicionamento en buscadores é un argumento importante de cara ao mantemento dun blog dentro da nosa web, pero debemos valorar o que queremos, a nosa estratexia, porque temos tamén outras alternativas e outras vías intermedias que compre considerar. Temos que considerar tamén aquí que un blog é un traballo que asumimos, porque despois é negativo ter un blog sen entradas, abandonado…  Para pensalo: ¿Compensa ou non compensa?

B.- Redes Sociais

Parecen unha vía de difusión moi obvia, pero empezaría por donde acabamos ao falar do SEO: ¿Compensa ou non compensa?

As redes sociais tamén son un traballo. Poucas cousas podemos facer peor, para a difusión da nosa actividade, que crear páxinas ou contas en redes sociais e despois non atendelas.

Algo que deberíamos mencionar aquí é referir a un erro moi habitual, sobre todo en novas iniciativas que botan a andar, que consiste en crear unha páxina no Facebook en lugar de crear unha web propia. Existen moitos motivos polos que a web propia debe ser o centro neurálxico dunha estratexia de márketing hoxe en día. Explícase algo desto neste outro artigo: Estratexia de Comunicación, para transmitir Confianza.

C.- Outras vías

Temos outras alternativas que compre considerar. Podemos clasificar, ao falar deste aspecto do márketing, as estratexias que empregamos pola amplitude ou pola concrección do público ao que nos diriximos… Digamos que falaríamos de “perdigonazos” ou de “francotiradores“.

Entre as primeiras, consideraríamos en primeiro lugar aos medios tradicionais. Prensa, radio, tv… constitúen o complemento perfecto para os medios dixitais cando queremos dirixirnos a públicos amplos, fora dos nosos círculos en redes sociais, e fora dos medios dixitais que non todo o mundo manexa. A publicación da nosa web nun anuncio en prensa, por exemplo, é unha boa maneira de que calquera persoa poida coñecer os detalles do que facemos. Saímos así dos nosos círculos.

Máis de “francotiradores” sería por exemplo o uso de listas de correo electrónico (newsletters), por exemplo. O uso do correo electrónico é unha técnica recomendable únicamente cando estamos en posición de ofrecer contidos de interese aos nosos destinatarios. É necesario asesorarse para o seu uso efectivo, porque fácilmente podemos molestar a través de esta técnica. Máis de “francotiradores” aínda se en lugar de correo electrónico empregamos aplicacións de mensaxería (whatsapp, telegram…). Coidado, que queima!!

 

¿Como se concreta entre as opcións que temos?

En función das nosas necesidades trazamos a nosa estratexia, e en función da nosa estratexia escollemos as técnicas axeitadas.

Necesidades -> Estratexia -> Técnicas

A modo de resumen vale o seguinte gráfico:

A web debe constituir o núcleo da nosa estratexia de márketing. Outros medios complementan e potencian.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies