Todos queremos que as nosas páxinas aparezan nos primeiros lugares nos resultados dos buscadores.

É unha das principais funcións dunha páxina web.

É do que fala este estudio de SEM Rush, do que me enterei a través de MárketingProfs, que deixa claras algunhas cousas que xa se intuían.

SEMrush é unha importante empresa adicada a desenvolver software para profesionais do SEO/SEM que permite analizar e comparar datos propios co dos teus competidores.

Pódense sacar algunhas conclusións prácticas. Divido as variables estudiadas en catro grupos:

Primeiro Grupo en Importancia: A Procedencia do Visitante

1ª Variable: Visitas directas:

É ao que máis valor lle da Google para posicionar unha páxina.

Entón, unha dirección web publicada nun anuncio de prensa ou de radio pode ser moi positiva, se conseguimos que realmente xenere visitas a nosa páxina. Tamén tarxetas, folletos…

Conste que estas “Visitas Directas” non se refiren só a esto. Poden ser moitas cousas: O marcador dun navegador; un enlace desde un pdf ou desde un mail; un enlace desde unha páxina https-cifrada, etc.

1ª Conclusión: O que máis conta son as visitas. E existen varias formas de atraer un tráfico á nosa páxina, pero necesitamos unha páxina-viva. ¡¡Necesitamos xenerar contidos de interese e saber movelos, para que moitas persoas queiran vir ver o que ofrecemos!!

Segundo Grupo: factores referidos ao comportamento do visitante cando chega a nosa páxina

2º Variable: Tempo de visita

As páxinas “landing” e xa está non axudan. As páxinas-cartel co letreiro da empresa en os datos do contacto non é algo que axude. Probablemente ao contrario.

3ª Variable: Páxinas visitadas por sesión

Vai co anterior. Se o visitante da unha volta pola web axuda.

4ª Variable: “Rebotados”

“Bounce Rate” refírese á porcentaxe de visitantes que entran na páxina e saen dela inmediatamente, sen interaccionar. Perxudican as  páxinas en construcción, que non funcionan ben, etc.

2ª conclusión: Conta moito a estructura da web.  Se sabemos estructurar a nosa web de maneira que poidamos amosar unha variedade de contidos de interese melloraremos o noso posicionamento. A páxina-morta tipo cartel non axudan.

Terceiro Grupo: Factores referidos ou link-building e a autoridade da páxina

5º, 6º, 7º e 8º Variables – Referidas todas aos enlaces que apuntan a nosa web.

Estos catro puntos refírense aos links e aos dominios desde os que se apunta a nosa web. Parece ser que teñen bastante importancia.

Esto é un tema amplio. Para simplificar, decir que interésanos moito que haxa enlaces apuntando a nosa páxina. Coido que non e pode decir que “cantos máis mellor”, porque inflúen factores como a “autoridade”, porque conta máis un enlace desde unha páxina ben considerada polos buscadores, das que aparecen nos primeiros liugares das búsquedas, que enlaces en redes sociais, por exemplo, que tamén interesan pero por outros motivos; ou inflúen tamén factores semanticos das búsquedas, por exemplo.

Temos distintas estratexias para acadar os enlaces axeitados. É o que se chama “link-building“.

3ª Conclusión: Contan os enlaces. Esto é un traballo contínuo, que consiste básicamente en difundir contidos por diversos medios.

Cuarto Grupo: Factores referidos á forma dos contidos da nosa páxina.

Son todo o resto dos factores que aparecen na gráfica.

Dáselle importancia a un tema técnico de fácil solución, que é o cifrado da páxina.

Pero antes incluso, conta máis a lonxitude dos textos!! Quere decir que Google está a valorar contidos que realmente aporten valor, con certa profundidade. Parece que artigos con menos de 300 palabras non axudan demasiado. Disque debería ser de 300 palabras para arriba.

Despois teñen tamén algunha importancia todos os factores relativos a como explicamos aos buscadores os contidos que ofrecemos. Por esta orde valoran: O total de enlaces; palabras clave nos enlaces; palabras clave no corpo; densidade da palabras clave; palabras clave no título; palabras clave na descripción-meta; e parece que se valora tamén a presenza de videos no contido.

4ª Conclusión: Donde temos certa complicación “informática” é no grupo menos importante. Certamente contan bastante menos aspectos como as palabras clave ou as descripciones meta dos nosos artigos que o número de visitas que recibimos (1º Variable en importancia), ou que o comportamento dos visitantes (2º grupo de variables en importancia).

 

As Páxinas-Vivas e as Páxinas-Mortas

Son termos que repetín nas liñas anteriores.

Compre definir esto, fácilmente:

Son Páxinas Vivas as que se actualizan con certa frecuencia.

Son Páxinas Mortas as que non se actualizan.

Estou pensándome se poñer exemplos reais. 😉

Direi que temos exemplos de moitas páxinas cunha estética primorosa, con efectos asombrosos, tipografías fermosas, cores ben atinadas, fotografías de pago,… unha pasta gansa que costou facer a web,… etc, etc… pero non hai contidos, non hai visitantes, todo vai quedando desactualizado, e ao final son páxinas que transmiten que a empresa ou o proxecto quedaron desfasados, parece que son doutros tempos… De cando o flash e esas cousas 😋

Conclusión Final:

Acabo remitíndome ao artigo do Comunicador e o Informático: ¿Que é o que se necesita?

Ollo con confundirse. Hai que saber esto: Non vai haber moitos expertos en comunicación que se atrevan a desenvolver unha solución informática… que integre producción e facturación para unha fábrica, por exemplo. Pola contra, si vai haber moitos informáticos que fagan páxinas web… mortas.

Se alguén quere exemplos que me envíe mensaxe.🙈🙉🙊

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies