Adxunto información sobre unha liña de axudas de interese que saíu publicada no DOG do 1 de febreiro.

O PDF coa orde completa pódese descargar neste enlace.

Dous aspectos destacados que resumo:

Data Límite para a presentación de solicitudes:

1 de marzo

ANEXO II Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.
647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.
647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.
651. Comercio polo miúdo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.
652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.
652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.
654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.
654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.
659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.
659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutería.
659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestir, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.
662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.
663. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente.

Considéranse gastos subvencionables (entre outros):

A.- A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.
O investimento máximo subvencionable:
– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web é de 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a mellora e actualización da páxina web con venda en liña é de 1.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
O investimento máximo subvencionable será de 3.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

 

Contacto

para dúbidas ou para xestionar a subvención

Xan Martínez.

Tel. 675 89 01 63

info@tecdicom.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies