Cando falamos de Márketing Local, o que aquí describimos é o máis “básico-básico” que debería facer calquera negocio. Poñémolo pola orde máis aconsellable: o primeiro, aparecer en Google; de segundo, empezar a mellorar a nosa presenza on-line cunha páxina propia; e, por último, desenvolver a nosa comunicación a través de redes sociais. 

1.- Google Business/ Maps:

Non nos cansamos de repetir que xa non se miran as páxinas amarelas. Agora búscase, sobre todo, en Google. Para un negocio local, o proceso de aparecer correctamente en Google empeza por crear a nosa ficha de Google Business e establecer a dirección física en Google Maps. A continuación, o resto dos nosos datos… Existen diferentes trucos e ferramentas específicas para isto. Aquí só falamos das bases.

2.- Páxina web:

O segundo paso básico, a páxina web propia, é fundamental polos tres motivos que enumeramos a continuación. Pero moito coidado!!, porque facelo mal pode ser mesmo contraproducente.
Debemos pensar sempre que a nosa páxina web debe cumprir con tres funciones fundamentais, os tres motivos polo que sempre é conveniente dispoñer dunha web propia: 1.- Presentación e accesibilidade (explicar o que facemos e como contactarnos). 2.– Posicionamento (comunicar os nosos valores e transmitir confianza). 3.– Difusión (en varios aspectos, como ferramenta para comunicarnos os nosos clientes e tamén para chegar a clientes potenciais). Sobre isto estendiámonos algo máis neste outro artigo.

Configurar unha paxina web correctamente non é fácil porque implica atender a numerosas variables: dominio, aloxamento, imaxes, SEO, estrutura interna, links, etc, etc. Podemos dicir que hai distintos “niveis de acabado”, do mesmo xeito que existen coches premium ou coches máis sinxelos, por establecer unha similitude comprensible. Sempre vai depender do que queiramos investir.

3.- Redes Sociais:

Ademais da función de promoción directa que se pode realizar a través das redes sociais, é moi importante a función que cumpren como fontes de tráfico cara á nosa páxina web. O tráfico que chega á nosa web é un dos parámetros principais que valoran os buscadores para mostrar o noso proxecto nas procuras relacionadas, e as redes sociais é un dos métodos posibles para incrementar este tráfico, …pero tamén temos outras opcións.

Non é aconsellable utilizar redes sociais que nos sexan alleas, que non controlemos, porque cada rede ten a súa propia idiosincrasia. Unha opinión incómoda: Requiren moito tempo. En moitos casos non son medios de promoción rendibles debido á enorme cantidade de tempo e dedicación que nos esixen. As redes buscan que pasemos tempo nelas. Pero isto non coincide co que nos interesa, porque o que buscamos como empresa é só utilizalas como medio de difusión da nosa actividade, para chegar a vender os nosos produtos/servizos… Non nos interesa acabar “procrastinando”!! wink

 

Consideracións finais

Falamos aquí do máis básico. Existen alternativas (só nos referimos ao márketing dixital, e existen outras accións non-dixitais, por exemplo), e temos tamén distintos graos de desenvolvemento na implantación de cada apartado. O orzamento existente vai determinar sempre o grao de implantación, a maior ou menor calidade das accións que levemos a cabo.

Para obter bos resultados é máis que recomendable levar a cabo unha análise previa, e a partir desta análise poderemos establecer unha estratexia de comunicación apropiada. Debemos considerar variables moi diversas como, por exemplo, o sector no que nos movemos, ou o noso mercado obxectivo, ou as características do público ao que queremos chegar coa nosa comunicación, etc. Tamén debemos valorar as nosas propias capacidades: as nosas propias habilidades comunicativas, orais ou na escrita; a nosa experiencia con redes sociais; e sobre todo o tempo co que contamos para este tipo de tarefas, que son necesarias, pero que non forman parte de nosa propia actividade empresarial (¿delegamos ou subcontratamos?…).

Non existe unha realidade igual a outra. Cada proxecto precisa da súa propia estratexia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies