Existen varias solucións de sistemas de xestión on-line. Conto xa con certa experiencia con Dolibarr, un sistema on-line de xestión para empresas que integra un CRM e un ERP.

Traducido ao cristiano y de forma resumida, o que ofrece é:

– Xestión comercial

Inclúe unha completa xestión de terceiros ( clientes, clientes potenciais e proveedores ), elaboración e xestión de presupostos, axenda comercial, etc.

– Xestión de produtos e servicios

Inclúe aquí a xestión de almacéns, stocks, entradas de produtos, xestión de pedidos a proveedores, etc, etc.

– Sistema de facturación e contabilidade básica

Con control de compras e ventas, modos e formas de pago, xestión de bancos, xeneración de informes, etc.

Dolibarr existe desde o ano 2002. É un sistema Open Source, de código aberto, que distintas partes foron desesenvolvendo e mellorando durante todos estos anos.  Pódese ver a súa historia e as súas características principais na Wikipedia.

Algunhas características importantes:

Ampliable e personalizable

O sistema pódese ampliar con distintos módulos, algúns de balde e outros de pago… Por exemplo, é posible instalar unha TPV para comercios que mellora enormemente a TPV básica, a que ven de serie; ou tamén é posible sincronizalo con tendas on-line para unificar a xestión de prezos e stocks (o fixen xa con WordPress e con PrestasShop)… Existe un catálogo “oficial” de extensións para Dolibarr, ainda que non é exhaustivo porque numerosas solucións e extensións de terceiros non aparecen aquí.

Sistema Multiusuario

Permite a creación de diferentes usuarios con diferentes capacidades ou roles. Hai un administrador, como mínimo, que accede a todas as funcións do sistema. Este administrador é quen establece os permisos para o resto dos usuarios: Os comerciais no teñen que acceder á información de bancos ou pagos a proveedores, por exemplo. 

Ventaxes do sistema on-line

On-line quere decir que require dun servidor propio: Utilízase normalmente o mesmo hosting que temos para a nosa web, e polo mesmo prezo que pagamos por aloxar a nosa páxina, correos electrónicos, etc, podemos dispor tamén do noso sistema de xestión.

Ao telo instalado deste xeito obtemos dúas ventaxas principais:

 Copias de seguridade diarias. Non imos perder nunca os nosos datos, pero si é importante elexir un proveedor de hosting de calidade. Non recomendo para esto hostings do tipo 1&1, ou solucións barateiras que despois van fallar na accesibilidade, ou que non nos van proporcionar unha copia de seguridade fiable.

 Acceso desde calquera parte e desde calquera dispositivo. Podemos acceder desde casa, desde unha cafetería co noso portátil, ou desde donde estemos cun simple teléfono móvil. Moitos propietarios, autónomos, etc, valoran enormemente esta característica, e para os comerciais que acceden para xestionar visitas e presupuestos é algo impagable.

xa levo instalado Dolibarr en varias empresas, de moi distinto tipo (mobiliario, produtos ecolóxicos, consumibles informáticos, servizos, etc) adaptando o sistema sempre ás necesidades que existen en cada caso concreto.

O sistema é de balde. O que custa é adaptalo, porque require coñecementos de xestión empresarial e certa experiencia. Podo decir que o grado de éxito na implantación do sistema, e despois xa de anos de uso, é do 100%.

Márketing e Comunicación Local.

Xan Martínez

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas.

Especializado en comunicación para PYMES e proxectos locaisAmpla experiencia en medios tradicionais e medios on-line. Máis información.

Tel. 675 89 01 63.  info@tecdicom.com

 

Areas de traballo habituais:
A Coruña, Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes, Muras, Xermade, Vilalba, Lugo, A Capela, Cabanas, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño, Vilarmaior, Paderne, Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Ordes, Santiago de Compostela...
Outras áreas, consultar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies